Burton fará Alícia en 3D

0
193

Tim BurtonO director Tim Burton ven de asinar un contrato para se encargar de dúas películas cos seus estudos de toda a vida, a Disney, polo que dirixirá e producirá senllos filmes en 3D, ún baseado nas Aventuras de Alícia no País das Marabillas de Lewis Carroll e outro un remake da sua curtametraxe Frankenweenie.

A adaptación de Alícia será unha combinación de acción real e animación e estará baseada nun guión de Linda Woolverton (O Rei León). Estará producida polo colaborador habitual de Burton, Richard Zanuck, e polo antigo presidente da Disney Joe Roth, xunto a Jennifer e Suzanne Todd.

A rodaxe escomezará a primeiros de 2008, agardándo-se que remate a produción en maio.

O seguinte que fará Burton será producir e dirixir unha versión en longametraxe do seu curto orixinal de 1984 Frankenweenie, un filme de culto para os seguidores do carismático director que vai sobre un can que é devolto á vida polo seu dono dun xeito algo particular. Este filme será rodado en animación co sistema stop-motion (animación fotograma a fotograma).

Ambos os dous filmes serán presentados pola Disney Digital 3D.