O filme de Mass Effect avanza contidos

0
243

No pasado mes de xullo a Legendary Pictures organizou a sua primeira mesa redonda na Convención do Cómic en San Diego desvelando que un dos seus grandes proxectos sería a adaptación ao cinema da exitosa série de videoxogos Mass Effect.

A Legendary pediu aos seus fans que lle enviasen por Twitter preguntas aos participantes na mesa redonda, pero cos apuros de tempo moitas das preguntas ficaron sen resposta. Agora, a prensa descubriu un artigo que contén moitas preguntas e as súas correspondentes respostas da compañía sobre o proxecto.

Entre a nova información recompilada está que o filme será unha história completamente nova, non vecellada aos dous primeiros xogos nin ao vindeiro que chegará en breve. E sobre a posibilidade de que este filme sexa o primeiro dunha triloxía, a resposta foi: “estamos realmente comprometidos en facer desta unha grande película, xa veremos até onde chegamos. Temos que facer ben a primeira para saber se pode haber mais“.

A Legendary está a traballar conxuntamente coa BioWare no desenvolvemento deste proxecto e non poden dar mais pistas sobre o reparto, agás da confirmación de que o actor Seth Green non interpretará a Joker, o persoaxe piloto ao que lle pon voz no xogo. Ademais salientaron que o filme estará centrado no persoaxe do comandante Shepard.