O Capitán América regresará en 2014

0
228

Mentres estaba de xira promocionando a súa nova película Puncture, o actor Chris Evans revelou que a inevitábel secuela de Captain America non chegará ás pantallas de cinema até 2014: “pode que queiran agardar até 2014 até que lancen o vindeiro Capitán Marvel. A Marvel ten unha chea de balóns no aire, non van canibalizar aos seus filmes“, dixo.

Ademais, confirmou que xa asinou un contrato para facer tres películas do Capitán América e outras tres participando no grupo dos Vingadores, así que é pouco probábel que o seu persoaxe apareza, mesmo en cameos, noutros filmes da Marve: “Á parte deses seis filmes, se aparecera noutro, sería parte do contrato. Así que se me precisan noutro filme do Capitán América eu diría ‘fódete, e da-me outros 30 millóns de dólares’. Supoño que queren evitar que aconteza iso“.

A Marvel xa revelou coma datas de estrea o 16 de maio de 2014 e mais o 27 de xuño de 2016, pero ainda non dixo que películas serán as que se estreen nesas datas.