O Robocop de Padilha non será violento

0
173

Agora que o brasileiro José Padilha (Tropa de Elite) está ao cargo do relanzamento da franquía de Robocop, moitos pregúntan-se cal será a súa visión particular deste persoaxe da ciéncia-ficción, e mais especificamente, se incluirá o mesmo nivel de sátira social que o holandés Paul Verhoeven engadiu de xeito tan memorábel á súa ultraviolenta película orixinal. E a resposta semella ser abondo decepcionante para os fans, porque Padilha pretende facer un thriller de ciéncia-ficción que poida pasar pola peneira do que é políticamente correcto hoxe en día.

Gosto moito da agudeza e o tón político de RoboCop, e coido que precisamos urxentemente un filme así. Pero non repetirei o que fixo [Paul] Verhoeven de xeito tan claro e forte“, dixo Padilha. “No seu lugar, tentarei facer un filme que conteña temas que Verhoeven non tratou. Se es un home que se covnerte en robot, como faría iso? Cal é a diferéncia entre humáns e robots? Que é a libre vontade? Sinifica iso que vas perder a libre vontade? Eses son os temas que eu tratarei“.

Finalmente, engadiu que “tento facer filmes que eu gosto, que teñan relación con problemas sociais. Continuarei facendo iso no meu traballo. Se podo desenvolve-lo en Hollywood, daquela farei un filme con todos os médios de Hollywood. Se iso falla, daquela o filme non funcionará. É así de simple!“.