McBride e Robinson, atrapados no Apocalipse

0
176

Danny McBride (Tropic Thunder) e Craig Robinson (Hot Tub Time Machine) son as novas incorporacións ao reparto do filme The Apocalypse, o debut na dirección de Seth Rogen e Evan Goldberg na Mandate Pictures.

Rogen, Jay Baruchel, Jonah Hill e mais James Franco xa están confirmados para este proxecto, que vai sobre dous tipos que co trasfondo do fin do mundo ás portas e no médio dunha invasión de monstros, deciden mater-se o un ao outro após de pospoñe-lo durante moito tempo.

O filme é unha extensión do tráiler Jay and Seth vs. the Apocalypse que apareceu en 2007 e serviu coma proba de concepto para a longametraxe.

Rogen tamén confirmou que Daniel Radcliffe non participará no proxecto, mália os rumores.