Scott Burns, guionista de Blade Runner

0
168

O guionista de Contagion e The Bourne Ultimatum, Scott Burns, ven de escomezar a negociar a súa contratación para escribir o libreto do proxecto de Blade Runner que producirán a Alcon e mais a Warner Brothers. Ridley Scott está comprometido para dirixir e producir esta nova entrega da franquía, que estará ambientada no mesmo universo que puidemos admirar no clásico da ciéncia-ficción de 1982.