Eu son Lenda… 2

0
188

Eu son LendaConfirma-se que haberá secuela de Eu son lenda, o éxito do pasado nadal protagonizado por Will Smith. Pero dado que non é moi doado continuar coa história, o novo filme será unha precuela, narrando feitos anteriores aos acontecidos na primeira entrega. E de novo estará Will Smith no proxecto.

Asi o confirmou o seu director Francis Lawrence (Constantine) á prensa, ante os rumores xurdidos a tan só poucos dias despois da estrea de Eu son lenda, o pasado decembro, sobre a posibilidade dunha segunda parte e vistos os excelentes resultados no despacho de billetes que estaba a obter.

Lawrence tamén avanzou que o guionista será o mesmo có do filme orixinal, Akiva Goldsman (O código Da Vinci).

Baseando-se no relato de Richard Matheson, Eu son lenda narraba a história de Robert Neville (Will Smith), o único supervivinte na cidade de New York, e talvez no mundo, despois que un vírus aniquilara a povoación e transformase aos poucos supervivintes afectados polo andazo nunha espécie de raivosos vampiros.

A idea de dar continuidade ás aventuras de Neville conta coa benzón de Richard Matheson, o mesmo autor da novela orixinal, considerado un clásico da ciéncia-ficción.

Eu son lenda recadou 370,6 millóns de euros na sua exibición a nível mundial en cinemas, o que a situa no posto número 42 dos filmes mais recadadores da história. Ademáis, Smith seguirá consolidándo-se coma un valor seguro nos despachos de billetes, xa que polo de agora o seu último filme, Hancock, leva recadados 245 millóns de euros no mercado cinematográfico.