As covas de aceiro, ao cinema

0
203

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a clásica novela de ciéncia-ficción de Isaac Asimov The Caves of Steel, escrita en 1954.

Ambientada tres milénios no futuro, a história vai sobre unha era na que os humáns que ainda viven nunha Terra superpoboada están cada vez mais desacougados pola preséncia dos espaceiros, os humáns que viven nos planetas mais ricos e con mais espazo e cuxas sociedades medraron á parte da da Terra.

Cando un embaixador espaceiro reformista é asasinado, un detective e mais un robot disfrazado de humán unirán as súas forzas para resolver o crime.

Henry Hobson dirixe a partir dun guión adaptado por John Scott III. A parella está arestora na preprodución do conto de zombis para adolescentes Maggie.