A vindeira entrega da saga de Resident Evil, Resident Evil: Retribution está comezando a se asemellar cada vez mais a unha reunión dos membros do reparto orixinal.
A pasada semana soubo-se que Colin Salmon regresaría á franquía mália que o seu persoaxe é asasinado dun xeito moi gráfico na primeira película.
E agora, a prensa informa que a actriz Michelle Rodriguez repetirá o seu papel de Rain Ocampo do primeiro filme nesta quinta entrega da série.
Rain resultou infectada e asasinada na primeira película, polo que coma Salmon, ainda non se sabe como poderá regresar. Tamén confirmou-se que Shawn Roberts terá un cameo coma Albert Wesker, repetindo asemade o seu papel de Resident Evil: Afterlife.