Affleck e Belle, dous novos anxos

0
168

Casey Affleck e Camilla Belle están a manter conversas para protagonizar a vindeira adaptación ao cinema da clásica obra de John Milton Paradise Lost que levará a cabo o director Alex Proyas para a Legendary Pictures.

O poema épico de Milton vai sobre a caída en desgraza de Lucifer (Bradley Cooper) e a guerra contra o seu irmán Miguel (Benjamin Walker).

Affleck está en conversas para interpretar a Gabriel, o anxo que ademáis é o mensaxeiro de Deus. Pola súa banda, Belle podería facer o papel de Eva. Djimon Hounsou xa foi contratado para interpretar ao anxo da morte, Abdiel.

Stuart Hazeldine, Byron Willinger, Philip de Blasi, Lawrence Kasdan e Ryan Condal son os autores do guión.