A Summit adaptará o cómic Area 52

0
133

A Summit Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema o cómic Area 52, orixinal de Brian Haberlin.

A história vai sobre un almacén supersecreto na Antártida que o governo americano usa para agochar monstrosas criaturas e armas místicas.

Cando un novo álien moi agresivo é incubado por accidente, o grupo de inadaptados contratados para vixiar o almacén deberán unir as súas forzas para evitar que as criaturas escapen.

Lorenzo di Bonaventura está vencellado á produción. O nome de Steven C. Miller soara anteriormente para ser o director cando se escomezou a falar deste proxecto hai uns anos, pero agora os estudos queren atopar a outro encargado e a novos guionistas.