A Lionsgate desenvolverá Dead Island

0
137

A Lionsgate acadou os dereitos para trasladar á pantalla grande o videoxogo de zombis Dead Island, orixinal da compañía Deep Silver.

O xogo vai sobre unha família que ten a mala sorte de ir de vacacións a unha paradisíaca illa xusto cando se produce unha vaga de zombis. A família fica aillada do resto do mundo e ten que protexer aos outros supervivintes e escapar.

O interese sobre os dereitos cinematográficos deste videoxogo escomezaron en febreiro, cando apareceu un tráiler viral que se converteu na sensación da rede, xerando millóns de visitas e o inmediato interese por un xogo até daquela descoñecido. O xogo en si foi lanzado a princípios deste mes, acadando xa millóns de vendas en América do Norde, mália que as críticas non-o poñen de todo ben.

O produtor de A Múmia, Sean Daniel, e mais Stefan Sonnefeld serán os encargados da produción deste filme que segundo din, enfatizará os lazos familiares e a narración non liñal.