Relanzamento de Mortal Kombat no cinema

0
146

Após do recente éxito da série dixital na Warner Premiere, a New Line ven de contratar ao director de Fame, Kevin Tancharoen, para que se encargue de relanzar a franquía cinematográfica de Mortal Kombat.

Tancharoen dirixiu Mortal Kombat: Rebirth, unha curtametraxe que serviu coma proba conceptual para un filme que estaría baseado no clásico videoxogo dos anos 90. A curta foi toda unha sensación na rede, xerando 10 millóns de visitas no YouTube. Por mor deste éxito, encargáron-lle realizar unha série web con dez episódios, Mortal Kombat: Legacy, que debutou en abril e atraiu a mais de 15 millóns de espectadores.

Oren Uziel, autor de Mortal Kombat: Rebirth, está a escribir o guión para este filme, que polo de agora non conta con ningún actor confirmado. A produtora afirma que a nova história non continuará as aventuras da série dixital, e que ainda non saben se será igualmente escura e sinistra, no canto do tón de fantasía épica que caracterizou aos filmes de mediados dos anos 90.

O director dixo á prensa que o tón do seu filme abandoará o místico e conterá moito sangue: “o que abraiou a moita xente coas miñas curtas é, coido, que nunca coidaron que se podería poñer a Mortal Kombat nun escenário realista. Pero coido que é un xogo de loita e supón-se que serve a ese propósito. Quero que sexa para maiores de 18 anos“.