Queren a Spielberg para Moisés

0
233

A Warner Bros. Pictures está a tentar convencer a Steven Spielberg para que dirixa o seu vindeiro filme épico-mítico titulado Gods and Kings e que narrará a lenda de Moisés, o persoaxe central das aventuras dos xudeus na Bíblia, un libro sagrado de várias relixións.

A história narrará a vida enteira de Moisés, dende o seu lendário nacemento até a súa morte, baseándo-se nun dos capítulos da Bíblia, titulado Libro do Éxodo. Mália a evidente semellanza con outro filme fantástico dos anos 50, Os Dez mandamentos, esta non será un remake da clásica película de Cecil B. DeMille.

Michael Green e Stuart Hazeldine escribiron xa o guión, que seica está a lér Spielberg, se ben os estudos ainda non lle fixeron ningunha oferta en firme. De todos os xeitos, as posibilidades de que o famoso director acepte son moi escasas, dado que non adoita dirixir filmes que non pode controlar dende o princípio até o final, e iso inclúe o guión. Dan Lin e Matti Leshem son os produtores.