Morrison adapta Dominion e Rogue

0
200

O guionista de cómics Grant Morrison revelou á prensa que está a traballar nos guións de dúas adaptacións de senllos cómics ao cinema.

Veño de rematar o segundo esbozo do filme Dinosaurs vs Aliens. E é xusto o que parece“, dixo ao respeito de Dominion: Dinosaurs vs. Aliens, un filme que quere dirixir o realizador de Men in Black, Barry Sonnenfeld. A história vai sobre iso, áliens que invaden a Terra en tempos prehistóricos, nos que os dinosáuros son os protagonistas.

Ademais Morrison está a adaptar Rogue Trooper, un cómic clásico procedente da revista inglesa 2000 AD creado por Gerry Finley-Day e Dave Gibbons e cuxos dereitos foron aquiridos pola da Full Clip Productions de Sam Worthington. A história neste caso vai sobre un soldado de elite de pel azul que está a procurar ao xeneral traidor coa axuda dos seus tres camaradas. O truco é que eses camaradas son soldados mortos cuxas persoaldiades agora residen en biochips implantados en tres pezas do seu equipo.