Star Trek: a precuela da secuela

0
299

Mentres que a secuela do relanzamento que J.J. Abrams fixo da saga de Star Trek en 2009 comeza a se por en marcha para o ano que ven, ún dos dous coguionistas do filme, Roberto Orci, confirmou recentemente que está a localizar escenários para a preparación. Orci e mais Mike Johnson tamén traballan coma directores creativos dunha nova série de cómic na editorial IDW e que terá coma protagonistas aos tripulantes da Enterprise.

Respeito á secuela, din que chimpará uns cantos anos adiante, cando xa a tripulación leve traballando xunta un tempo. Orci estivo a pasar notas aos guionistas do cómic con algúns detalles sobre a vindeira secuela, oque sinifica que eses números poderían utilizar-se coma base para o trasfondo do filme.

É fantástico ter a aportación de Bob, pode axudar-nos a clarificar elementos da história que poderían entrar en conflito co que está por vir na vindeira película, e podemos deixar pistas subtís sobre o que vai aparecer, de tal xeito que despois de ver o novo filme podes voltar atrás e ver como evolucionou nos cómics… Bob e mais eu discutimos as principais liñas da seguinte película, o que será dunha grande axuda para os cómics. Temos moi poucos segredos, que eu saiba alomenos“, dixo Johnson nunha entrevista.

Os primeiros números serán adaptacións de episódios da série orixinal dos anos 60 na televisión, coa tripulación enfrontándo-se ás mesmas ameazas, pero con diferéncias coa liña temporal tal e coma se amosou no filme. O primeiro número tratará o argumento do episódio piloto, Where No Man Has Gone Before, mentres que The Galileo Seven será o seguinte episódio en ser adaptado.

Logo, “a medida que nos acheguemos ao seguinte filme, as histórias comezarán a deixar entrever os acontecementos da película, presentando se cadra aos novos persoaxes que veremos na pantalla“. O resultado será algo semellante ao que xa poidemos ver co cómic Star Trek: Countdown, que serviu coma ponte entre os acontecementos entre o filme de 2002 Star Trek: Nemesis e o relanzamento de 2009.