Chega ao cinema o Caos Andante

0
191

A Lionsgate ven de se facer cos dereitos mundiais para desenvolver, producir e distribuir unha série cinematográfica baseada na triloxía de novelas para adolescentes de Patrick Ness Chaos Walking, composta polos libros The Knife of Never Letting Go, The Ask and the Answer e Monsters of Men. os libros recebiron críticas moi positivas e prémios coma o Guardian Award ou o prestixioso James Tiptree, Jr. de 2008.

A história está ambientada nun futuro distópico, no que os humanos colonizaron un planeta semellante á Terra pero moi afastado. Cando unha vaga chamada “o ruido” infecta á povoación, de súpeto todo o mundo comenza a escoitar claramente todos os pensamentos de todos os demais, facendo que a privacidade desapareza nun instante.

No caos que segue, un ditador corrupto ameaza con tomar o control dos asentamentos humáns e entrar en guerra coa raza indíxena extraterrestre. Nese intre tan só o xoven Todd Hewitt e mais a súa moza Viola Eade terán a clave para deter a destrución total do planeta.

A Quadrant Pictures, a empresa de Doug Davison, será a encargada de producir estas adaptacións.