O director de vídeos musicais Chris Milk será o encargado de realizar un filme para a Likely Story e mais a Annapurna Pictures que incorporará dentro do seu argumento a Rome, o album conceptual de Brian Joseph Burton, músico e produtor americano máis coñecido coma Danger Mouse.
A história está baseada na novela The Reapers Are the Angels de Alden Bell (alcume de Joshua Gaylord) e vai sobre Temple, unha rapaza de 15 anos nacida nun mundo post-apocalíptico plagado de zombis. Após de ser atacada na súa casa, mata ao seu atacante e comeza unha misión de vinganza do seu irmán Moses coa axuda dun rapaz mudo chamado Maury.
Rome funcionará deste xeito coma o fundamento da história nun proxecto que ten previsto utilizar múltiples plataformas. Anthony Bregman e Megan Ellison serán os produtores.