Un Protocolo Pantasma en IMAX

0
164

A IMAX Corporation e mais a Paramount Pictures veñen de confirmar que Mission: Impossible – Ghost Protocol contará con pre-estreas en formato IMAX o vindeiro 16 de decembro deste ano, é dicir, cinco días antes da data de lanzamento oficial, o que suporá de feito a primeira vez que un filme americano é estreado primeiro no formato IMAX.

Parece ser que este acordo foi posíbel grazas a que ao redor duns 30 minutos do filme foron realizados con cámaras IMAX coa ideia de estender a duración total da longametraxe, do mesmo xeito que se fixera xa en 2008 coa estrea de The Dark Knight.

Unha das secuéncias novas será a de Tom Cruise escalando a fachada da torre Burj Khalifa Tower en Dubai, o edifício mais alto do mundo nestes intres.