A Disney relanza cinco filmes en 3D

0
147

Mentres a versión en 3D do clásico O rei león leva xa recadados mais de 100 millóns de dólares nos despachos de billetes de todo o mundo e coas cifras subindo cada semana, a Disney comeza a facer plans para converter ao formato tridimensional outros dos seus filmes de debuxos animados.

Xa se sabía anteriormente que tratamento en 3D chegaría para The Little Mermaid (A princesiña) e mais para Beauty and the Beast (A bela e a besta), pero agora tamén prometen a conversión para os filme da Pixar Finding Nemo e Monsters, Inc.

Beauty and the Beast en 3D chegará ás salas de cinema o vindeiro 13 de xaneiro de 2012, seguido de Atopar a Nemo o 14 de setembro do mesmo ano. A lista de estreas completará-se o 18 de xaneiro de 2013 con Monsters, Inc. e rematará con The Little Mermaid o 13 de setembro de 2013.

Polo de agora, nin Atopar a Nemo nin A princesiña apareceron en formato Blu-ray, polo que non sería moi raro que este lanzamento se producise unhas poucas semanas despois da estrea en 3D, tal e coma parece xa case seguro que acontecerá con O rei león este mesmo ano.