Javier Bardem será El Macho

0
126

O actor español Javier Bardem está a negociar a súa incorporación ao reparto do filme da Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment Despicable Me 2, onde lle poría a voz ao vilán. Na primeira parte foi Steve Carell quen dobrou ao maléfico protagonista que aluga a tres irmás para que o axuden nun plan. Neste caso Bardem debería interpretar a El Macho, un novo vilán que xa ten un fillo de seu.