Deon Taylor dirixe Akuma

0
210

Deon Taylor (The Hustle, Chain Letter) dirixirá o vindeiro thriller sobrenatural Akuma, producido para a Screen Media Films.

Os detalles que polo de agora se teñen respeito da história non son moi abondosos, pero vai sobre unha rapaza xaponesa que intenta restaurar a súa vida pero que se decata de que está a loitar contra algo moi sinistro. Agárda-se que a estrea se poida producir contra o outono de 2012. Taylor, Blayne Weaver e Joe Bockol co-escribiron o guión, mentres que Taylor e Roxanne Avent serán os produtores.

A rodaxe escomezará o vindeiro 10 de novembro e terá lugar en Los Angeles, San Francisco e Xapón.