A Illumination Entertainment e mais a Infinitum Nihil están a desenvolver unha biografía con acción real do clásico escritor e ilustrador de libros para nenos Theodor Geisel (mais coñecido polo seu alcume de Dr. Seuss), que distribuirá a Universal Pictures.
Geisel naceu en 1904 e pasou grande parte da súa mocidade en Massachusetts antes de ir vivir a Dartmouth. Durante os seus primeiros anos adicou-se a debuxar para a publicidade e facer diversas tiras cómicas, e logo caricaturas políticas durante a Segunda Guerra Mundial.
En 1950, Geisel estaba xa a publicar os libros que hoxendía venderon xa mais de 200 millóns de exemplares en todo o mundo. O escritor finou por mor dun cancro de gorxa en 1991.
Johnny Depp producirá este proxecto, que el mesmo podería protagonizar no papel de Seuss, mentres que Keith Bunin (In Treatment) foi contratado para escribir o guión. Ainda que o filme non será puramente fantástico (coma Alice in Wonderland), podería haber un par de pequenos detalles fantásticos incluidos no argumento.
Depp, Christi Dembrowski, Christopher Meledandri e David Kennedy serán os produtores.