A cafetería dos cans

0
176

Kelly Asbury (Gnomeo and Juliet) escribirá o guión dunha adaptación con debuxos animados xerados por computador de Pooch Café para a Sony Pictures Animation.

Baseada na popular tira cómica de Paul Gilligan, a história vai sobre Poncho, a un can amante do queixo, que ten medo dos esquíos e que lle gusta beber no auga do wáter e que se axunta diariamente cos seus amigos cans no Pooch Café, un local do bairro onde os cans poden ser cans.

Alí adoitan discutir sobre asuntos importantes, coma a comida para cans con sabor de cebra e sobre como construír unha catapulta xigante coa que enviar aos gatos ao sol.