Zemeckis producirá a Charles Fort

0
142

Robert Zemeckis producirá e Evan Spiliotopoulos escribirá o guión dun thriller sobrenatural que levará por título Charles Fort na Universal Pictures.

Fort foi un investigador e escritor americano de primeiros do século XX, especializado en falar sobre fenómenos anómalos e inexplicados. Escribiu algúns dos primeiros libros sobre estes temas, ainda que normalmente dende un punto de vista escéptico e simplemente co ánimo de recompilar datos, coa ideia de apoiar explicacións sobre cousas estrañas e misteriosas. El mesmo declarou que “Non acredito en nada do meu que teña escrito xamáis“. O seu libro The Book of the Damned aparece citado en moitos relatos de H.P. Lovecraft.

A Dark Horse publicou en 2002 unha mini-série de cómics que retrataron a Fort coma un investigador e aventureiro que debía facer fronte a áliens e asasinos no New York de finais do século XIX e comezos do XX.

O filme suporá o primeiro proxecto da Imagemovers após de asinar o seu contrato de colaboración coa Universal. Mike Richardson, Jack Rapke e Steve Starkey serán os produtores.