Human Centipede II pasa a censura

0
190

Após de non poucas loitas contra o comité censor británico, The Human Centipede II: Full Sequence ven de acadar por fin pasar pola cedeira do British Board of Classification (BBFC) após de que unha versión editada recebira a calificación de “para maiores de 18 anos”.

A BBFC chegou ás portadas da prensa de todo o mundo cando a primeiros deste ano negáron-se a aprobar a versión sen censurar deste polémico filme, por considerar que tiña demasiados vencellos entre excitación sexual e violéncia, misturando a dór, a perversión e o pracer sexual.

Como resultado, o director tivo que censurar o seu próprio filme, recurtando 32 escenas que supoñen uns 157 segundos de metraxe e poder así eludir a Lei de Publicacións Obscenas vixente no Reino Unido. O voceiro da emrpesa distribuidora, a Eureka, dixo que levou case catro meses de negociacións chegar a este acordo, e que “o resultado é unha versión ainda moi factíbel do filme, que excitará e emocionará aos fans“.

Os curtes producíron-se nas escenas de violéncia sexual, sadismo e humillación, e algunhas escenas nas que aparecía un neno presentado nun contexto de abusos e violéncia.