O cineasta Guillermo del Toro e mais a Miramax producirán un remake do clásico de culto Don´t Be Afraid of the Dark, un telefilme do ano 1973 que dirixiu John Newland.
Esta nova revisión será a posta de longo de Troy Nixey, debuxante e guionista de comics. Del Toro e Matthew Robbins, guionista que xa colaborou co director en Mimic, serán os que se encarreguen de adaptar o guión.
Don’t Be Afraid of the Dark conta-nos a história dunha rapaza que é enviada a vivir xunto ao seu pai e a sua nova moza, e descobrirá que baixo da escaleira viven unhas estranas e sinistras criaturas.
O filme está ainda na sua fase inicial de desenvolvemento e ainda non comezou o deseño dos monstros, pero de certo pdoeremos agardar que sexa algo moi semellante aos anteriores filmes de Del Toro, especialemnte o Labirinto de Pan.