As pantasmas de Hahn atopan un corpo

0
173

A Summit Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema un guión orixinal de Kristin Hahn titulado In the Flesh.

Baseado na novela de Laura Whitcomb A Certain Slant of Light, a história céntra-se nun espírito que leva morto 130 anos pero que ainda non atopou un xeito de abandoar o mundo.

Após de atopar outra pantasma, ambos descubren que poden habitar o corpo mortal dunha persoa cuxo espírito morreu. Hahn, Marty Bowen e Wyck Godfrey serán os produtores.

Hahn non é un recén chegado ao fantástico, porque traballou anteriormente coma produtor en filmes coma The Departed, The Time Traveler’s Wife e The Switch.