Todo o que necesitas é… matar

0
150

Tom Cruise está a negociar a súa incorporación ao reparto do vindeiro thriller de ciéncia-fición de Doug Liman We Are Mortals na Warner Bros. Pictures.

Baseada na novela de Hiroshi Sakurazaka de 2004 All You Need is Kill, a história vai sobre un novo recruta enviado a loitar contra unha invasión extraterrestre e que se atopa de súpeto nun escenário tipo “O día da marmota” no que morre cada día no campo de batalla pero renace ao día seguinte.

Após de cinco meses neste ciclo sen fin, decáta-se de que hai algo diferente de súpeto: un soldado feminino que podería ser a súa oportunidade de fuxir. Dante Harper adaptou o guión.

Até agora era Brad Pitt quen tiña a oferta para protagonizar este filme, que moitos describen coma unha mistura entre Halo e O día da marmota. Polo de agora non hai datas de produción.