É Dream House demasiado mala?

0
179

Corre o rumor de que o director Jim Sheridan, que ven de rematar a rodaxe do filme de terror Dream House, considera que o produtor final é tan malo que quere que o borren dos títulos de crédito. Sheridan comezou a filmación en febreiro cun reparto estelar (Daniel Craig, Naomi Watts e Rachel Weisz) pero a produción pasou xa por moitas repeticións de rodaxe e desastrosas probas de pantalla. Após da estrea, a crítica destrozou a película.

E agora, seica Sheridan quere que a Asociación de Directores (Directors Guild of America) elimine o seu nome coma realizador deste filme, do que non se considera responsábel, e o substitúa co alcume de Alan Smithee. Nombergantes, polo de agora as súas peticións non foron aceptadas xa que a Morgan Creek Productions estivo de acordo en financiar algunhas repeticións da filmación de escenas.

Sheridan comezou por se desviar do guión orixinal de David Loucka dende o comezo, polo que a Morgan Creek entrou en pánico e tomou o control da sala de edición. O resultado é que a película que foi estreada non é a montaxe que o director agardaba, polo que este decidiu non participar na promoción da película.