Dominic Purcell, un demo no paradiso

0
212

Dominic Purcell (Prison Break, Blade Trinity) ven de se unir ao reparto de Paradise Lost, o filme de fantasía epica dirixido por Alex Proyas para a Warner Bros. Pictures e a Legendary Pictures.

O filme é unha adaptación do poema clásico do século XVIII de John Milton sobre a guerra entre o ceo e o inferno, na que os bandos de anxos dividíron-se entre o arcanxo Miguel (Benjamin Walker) e o anxo Lucifer (Bradley Cooper). Casey Affleck, Djimon Hounsou, Camilla Belle e Callan McAuliffe completan o reparto.

Purcell interpretará a Jerahmeel, un anxo que cae xunto a Lucifer e que se converte no demo Moloch, a man dereita de Satán. A rodaxe escomezará a primeiros do ano que ven en Austrália.