Farmville, outro videoxogo ao cinema

0
318

Os guionistas de Toy Story, Alec Sokolow e Joel Cohen, revelaron que poderían estar en conversas para escribir o argumento dun filme baseado en Farmville, o videoxogo online de simulación dunha granxa creado para os nenos no Facebook.

A parella comentou á prensa que mália estaren a traballar noutros proxectos arestora, continuarán escribindo películas: “estamos a traballar en moitos proxectos novos e emocionantes. Estamos en conversas coa Zynga para facer algo cunha das súas marcas. Non pdoemos dicir moito sobre iso agora mesmo, pero o vello MacDonald non ten unha fábrica, se entendes que quero dicir“.

A compañía Zynga, creadora do videoxogo, refusou facer comentários e certamente non houbo ningunha especulación sobre facer un filme de Farmville antes de agora. O xogo en si mesmo contén algúns elementos de xestión dunha granxa, coma regar a terra, plantar, colleitar e criar gando, e está dirixido aos nenos mais pequenos da casa.