Despedido o director do Xuíz Dredd

820

No que se pode calificar coma un xiro certamente raro dos acontecementos, o director de Dredd, Pete Travis, ven de ser despedido da adaptación ao cinema deste popular persoaxe dos cómics xusto no médio do proceso de post-produción.

Segundo fontes internas, a decisión dos estudos produciu-se xusto despois de que o filme ficara rematado, cando seica Travis atopou algunhas “direféncias creativas” cos produtores. Mália isto, din que Travis continúa vencellado ao progreso do filme vía Internet.

Alex Garland, que produciu e escribiu o guión, será o novo encargado de se sentar na cadeira de director e mesmo podería facer novas tomas dalgunhas escenas e tentar figurar coma co-director nos títulos de crédito.

Karl Urban, Olivia Thirlby e Lena Headey foron os protagonistas do filme, unha história distópica nunha era de megacidades onde unha foza policial está encargada de actuar coma xuíz, xurado e executor de calquera persoa que eles perciban que está a violar a lei.