Unha equipa do departamento antiterrorista da policía húngara asaltou os almacéns de produción da vindeira longametraxe de alto orzamento que está a adaptar ao cinema a novela de Max Brooks World War Z.
Os oficiais da policía confiscaron 85 armas de asalto perfectamente funcionais, a maioría deles rifles de precisión militar, mália que os formulários de entrada no país dicían que non funcionaban. Ainda non se sabe quen é o responsábel deste contrabando, pero si que é coñecido que as armas entraron no país mediante un vóo privado o luns nun paquete que ía dirixido a un indivíduo con enderezo en Budapest.
Brad Pitt é o protagonista e principal produtor do filme, que conta co aval dos estudos Paramount Pictures e mais a Plan B Entertainment e que narra os feitos acontecidos após dunha guerra mundial contra os zombis.
Por parte da compañía non se fixo pública ningunha declaración oficial até o momento.