Benderspink adaptará a novela Broken

0
175

A compañía de xestión e produción Benderspink, baseada en Los Angeles, ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela de ciéncia-ficción ainda por publicar Broken, orixinal de Susan Jane Bigelow.

A história está ambientada no futuro no médio dunha guerra civil. Alí en New York entregan un bebé recén nacido a un vidente, que profetiza duas versións do futuro: unha onde o neno se converte nun ditador fascista e outro no que o neno trae a paz á Terra.

O proxecto ainda non ten director pero axiña será posto nas mans dalgún.