Ben Stiller alugará pantasmas

0
235

Ben Stiller será o protagonista do remake cinematográfico da comédia para nenos da televisión inglesa dos anos 70 Rentaghost na 20th Century Fox.

A série orixinal ía sobre Fred Mumford, un perdedor recentemente morto que sinte que podería traballar para as pantasmas cuxas vidas foron un fracaso tan grande coma a súa, polo que crea unha axéncia de traballo temporal onde aluga pantasmas aos vivos.

Entre os seus clientes espectráis hai un bufón fedellento que non ten nin ideia da tecnoloxía moderna, un delicado cabaleiro vitorán abraiado moralmente polo mundo actual, un cabalo de pantomima, unha pantasma holandesa que se teletransporta cando espirra, unha bruxa escocesa e unha pistoleira do Vello Oeste.

O filme foi pensado inicialmente pola Warner Brothers coma unha película tipo Beetlejuice que protagonizaría Russell Brand, pero todo ese proxecto trocou cando a Fox adquiriu os dereitos. O dúo de Night at the Museum composto por Thomas Lennon e Robert Ben Garant foi contratado para se encargar de escribir o guión.

Kevin McCormick, Gail Berman e Lloyd Braun serán os produtores.