Tintín comeza ben en Europa

0
166

Ainda que nos Estados Unidos non se estreará até nadal, o filme As Aventuras de Tintín, producido por Peter Jackson e dirixido por Steven Spielberg, arrincou con moita forza no seu mercado natural, Europa, onde ademais conta co visto bó da crítica. En España acadou xa unha recadación no día da estrea superior á que fixeran Toy Story 3 e Iron Man 2. En total o filme fíxo-se con 56 millóns de dólares nos 19 países onde xa foi estreado.