A canle de televisión Syfy Films ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a série antolóxica Wild Cards, publicada polo escritor George R.R. Martin, o mesmo autor de Game of Thrones. A série consta de 22 libros sobre superheroes e ten un orzamento relativamente modesto para a súa adaptación á pantalla grande.
A história estendeu-se ao longo de moitos libros diferentes, escritos por moitos autores pero todos ambientados no mesmo universo, e vai sobre un virus extra-terrestre que foi lanzado sobre a cidade de New York.
Os supervivintes son divididos en duas novas clases de seres humáns: os mais comúns e desfigurados “Jokers” e os poucos “ases”, que teñen superpoderes.
O persoaxe central é O Durmiñón (The Sleeper), un home que ten o poder de se asemellar a calqueroutro cada mañán após de se erguer.
Martin e mais Melinda M. Snodgrass foron dous dos co-autores da série de libros e agora Snodgrass terá a tarefa de adapta-los en forma de guión para o cinema. Ambos serán ademais os produtores executivos.