Tornado e móbiles no cinema

794

A New Line Cinema e mais a Broken Road veñen de mercar os dereitos sobre un thriller do guionista John Swetnam titulado Category Six.

A história está narrada coma se se tratase dunha fita atopada após dun terríbel tornado, o pior da história dos Estados Unidos, e de como puideron sobrevivir a el un grupo de estudantes de secundária. Moitas das escenas estarán capturadas por teléfones móbiles e outros dispositivos de gravación caseiros.

Todd Garner será o produtor para un proxecto que ainda non ten data de comezo polo de agora.