A Warner Bros. Pictures ven de se facer cos dereitos para o cinema sobre a novela para adolescentes The Scorpio Races, orixinal da escritora Maggie Stiefvater.
A história vai sobre os cabalos carnívoros das vellas lendas celtas irlandesas, sobre unha pequena illa que alberga unha carreira anual, un xoven adestrador de cabalos e unha rapaza (a primeira muller que entra na competición), e que se namorarán.
David Katzenberg e Seth Grahame-Smith serán os produtores.