Hayley Atwell, Kate Beckinsale e Diane Kruger están a competir por ver quen delas se fai co papel de segunda protagonista no filme de ciéncia-ficción de Joseph Kosinski Horizons na Universal Pictures.
William Monahan e Karl Gadjusek escribiron o guión, que está ambientado nun futuro apocalíptico onde a maioría da xente vive sobre as nubes, xa que a superfície da Terra volveu-se inhabitábel. Alí, un soldado deberá vivir coma reparador de cazadróns, máquinas que procuran e destrúen aos membros dunha raza álien salvaxe.
O soldado atopa unha fermosa muller atrapada atrapado por mor da súa nave avariada e xuntos escomezarán unha aventura épica. O conto está baseado no cómic Oblivion, publicado pola editorial Radical Publishing.
Tom Cruise e Jessica Chastain serán os principais protagonistas deste filme.