David Alcalde dirixe un remake de terror

653

O realizador español David Alcalde será o encargado de dirixir o remake en inglés do filme francés Ils (Eles) para a Studiocanal e mais a Nostromo Pictures.

O filme orixinal de 2006 foi dirixido por David Moreau e Xavier Palud e é unha fita de terror sobre unha parella de mozos que viven nun fogar aillado, asaltado por perosas encarapuchadas no decurso dunha noite de terror.

Ils, coma é un filme fantástico, tivo moi escasa repercusión en Franza, pero internacionalmente supuxo un éxito inesperado, acadando o interese de vários produtores por facer este remake.

Esta será a primeira película importante de Alcalde, até agora só experto en facer anúncios e rodar algunhas curtometraxes.