Hai uns meses soubéra-se que Peter Cornwell (The Haunting in Connecticut) fora contratado para dirixir Into Darkness, unha nova versión en clave de ciéncia-ficción do clásico de Joseph Conrad de 1902 Heart of Darkness para a Radar Pictures.
E hai uns dias deu-se a coñecer unha sinopse oficial para este proxecto, que supón unha nova volta de rosca sobre o tema da história ambientada na selva do Congo Belga e que xa levou á pantalla grande Francis Ford Coppola, ambientándo-a na guerra do Vietnam no seu filme bélico épico Apocalypse Now.
Tony Giglio e Branden Morgan escribiron o guión desta nova versión, actualmente en fase de preprodución:
“APOCALIPSE 2388. A Terra está por se extinguir. O lendário explorador KURTZ foi enviado a unha derradeira misión desesperada para atopar un planeta descoñecido no outro lado do universo. Un planeta que poida albergar vida humana.
Pero a comunicación con Kurtz detén-se misteriosamente e o oficial de vó novato MARLOW é asignado para a perigosa misión de completar o obxectivo. Rastrexar a Kurtz no descoñecido a atopa-lo. Unha nova Terra. E unha raza de seres no albor do tempo.
Pero Kurtz ten plans de seu para o novo mundo e a derradeira esperanza do home por sobrevivir. E para acada-lo levará ao home ao único lugar que protexerá ao paradiso. Ás tebras“.