Galáctica quere regresar ao cinema

0
144

John Orloff (Anonymous, Legend of the Guardians, Band of Brothers) pechará un acordo polo que se compromete a escribir o guión do relanzamento no cinema da saga de Battlestar Galactica para a Universal Pictures baixo a dirección de Bryan Singer.

Singer levaba tentando facer-se cos dereitos da adaptación ao cinema da clásica série de televisión de 1978 orixinal de Glen Larson ao longo dos últimos anos, pero só após de que a Warner abortara os seus plans de realizar Excalibur puido por fin atopar algo de tempo para se adicar a este proxecto.

Singer está actualmente a dirixir Jack the Giant Killer para a New Line, e non se sabe oficialmente nin unha soa verba sobre se Galactica será o seu seguinte proxecto ou non, pero o único certo é que esta idea non ten absolutamente ren que ver coa aclamada série da Syfy Battlestar Galactica que se emitiu dende 2004 a 2009.

Orloff está tamén vencellado ao proxecto de Truckers na DreamWorks Animation.