A Warner Brothers está a preparar o lanzamento dun filme sobre Marvin o Marciano pola Alcon Entertainment, que misture acción real con animación por computadora. Os xefes da Alcon, Broderick Johnson e Andrew Kosove, serán os produtores, xunto a Steve Crystal.
Marvin é un persoaxe creado por Chuck Jones e fixo a súa primeira aparición nun episódio de debuxos animados da Looney Tunes en 1948. O persoaxe é un marciano algo aparvado que tenta conquistar a Terra, pero que sempre é derrotado por Bugs Bunny.
O filme seica estará centrado no nadal, con Marvin chegando á Terra coa intención de destruir as festas, pero alguén evitará que o consiga meténdoo nunha caixa de regalo.