A Warner dá a luz verde para Akira

772

A Warner Bros. Pictures ven de dar o seu aprobado ao proxecto de levar ao cinema con actores de carne e óso un remake de Akira, o clásico anime de Katsuhiro Otomo de 1988.

Ambientado en New Manhattan, este filme de ciéncia-ficción ciberpunk narra as aventuras do líder dunha banda de motoristas que debe salvar ao seu amigo, secuestrado polo governo para somete-lo a uns experimentos que descubrirán que posúe poderes psicoquinéticos.

O protagonista de Tron: Legacy, Garrett Hedlund, é polo de agora o candidato número un para se facer cun dos dous papeis principais. Nombergantes, só agora que o proxecto recibiu a luz verde coñeceremos as verdadeiras intencións dos produtores respecto a quen estará no reparto.

O español Jaume Collet-Serra (Unknown) será o director, mentres que Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Andrew Lazar serán os produtores.

O filme contaba orixinalmente cun orzamento de mais de 100 millóns de dólares, pero segundo os últimos informes, esta cantidade foi rebaixada a menos de 90 millóns. A rodaxe deberá escomezar a finais de febreiro ou princípios de marzo do ano que ven.

A Warners adquiriu os dereitos en 2008 e leva anos tentando levar á pantalla grande o proxecto, que pasou por moitas mans e por moitos cámbios no orzamento.