O creador das séries The O.C. e Chuck, Josh Schwartz, e mais a súa parceira en temas de produción Stephanie Savage veñen de se facer cos dereitos para facer un remake americano da série de televisión inglesa de ciéncia-ficción Misfits, gañadora de vários prémios BAFTA.
A história vai sobre un grupo de adolescentes problemáticos que de súpeto adquiren superpoderes após dunha estraña tormenta eléctrica sobre Londres.
A série mistura dalgún xeito os conceptos de Heroes, cun estilo tipo Buffy Cazavampiros e todo elo con moito realismo social e abondosas descricións do comportamento dos adolescentes (por exemplo, contén moitas escenas de sexo e de vocabulário xuvenil).
Schwartz e mais o creador da série Howard Overman unirán as súas forzas para escribir a versión americana, da que polo de agora non se sabe en que canle sería emitida. A terceira tempada da série en Inglaterra estreará-se a finais deste mes.