Baldwin reescribirá a Fuga de Logan

0
157

Andrew Baldwin ven de recebir o encargo de reescribir o guión do vindeiro remake de A Fuga de Logan que dirixirá Nicolas Winding Refn (Drive) para a Warner Bros. Pictures.

William F. Nolan e George Clayton Johnson escribiron a novela orixinal en 1967 (e as dúas secuelas que a continuaron), ambientando a súa história nun futuro utópico onde todos os maiores de 21 anos son eutanasiados obrigatóriamente para poder manter un equilíbrio co consumo de recursos.

A história céntra-se en Logan 5 (Ryan Gosling), un ‘Sandman’ que traballa coma defensor da lei, atrapando aos que tentan fuxir da eutanásia ao chegar ao seu 21 aniversário e que remata por se converter nun fuxitivo el mesmo.

Alex Garland (28 Days Later) escribiu o primeiro guión, que Will Beall (Gangster Squad) corrixiu. Baldwin ven de rematar o seu traballo en The Outsider, un filme sobre a máfia xaponesa.