The Indomina Group ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema dúas novas entregas da saga de Cabin Fever, que serán rodadas conxuntamente na República Dominicana nesta vindeira primavera.
Eli Roth dirixiu o filme orixinal en 2002, unha comédia de terror independente sobre un grupo de universitários que alugan unha cabana no bosque e caen vítimas dun virus que devora a carne.
Jake Wade Wall (The Hitcher, When a Stranger Calls) será o encargado de escribir o guión da primeira secuela, titulada Cabin Fever: Patient Zero. O argumento xirará ao redor dun cruceiro polo mar Caribe que choca contra un barco de investigación abandoado, ceibando o virus mortal.
Adam e Deborah Marcus (The Texas Chainsaw Massacre 3D) están a escribir o segundo guión, que leva por título Cabin Fever: Outbreak e que vai sobre un médico e a súa família que viaxan a unha remota illa do Caribe para investigar un brote de gripe, descubrindo alí un virus mortal que devora a carne e ameaza a todos os habitantes da illa.
A Hypotenuse Pictures, que tamén produciu o filme orixinal, producirá asemade estas dúas secuelas.