Riddick non ten cartos para seguir

0
166

A produción de Riddick, a terceira entrega da série de ciéncia-ficción sobre o popular antiheroe interpretado por Vin Diesel, foi clausurada por mor de “sérios problemas de liquidez económica“, segundo informaron várias fontes.

Michel Trudel, o propietário dos estudos de Montreal (Canadá) onde se estaba a rodar o filme, dixo a todo o mundo no plató que estaban despedidos, porque a empresa produtora de Diesel, a One Race Films, non lle pagou a tempo.

Do mesmo xeito, vários membros da equipa de rodaxe informaron que levaban duas semanas sen recibir o diñeiro que lles correspondía en calidade de salário e que están moi desacougados polos seus cartos.

Ainda así, Trudel dixo que “confía en que a situación se resolva axiña” e que agarda que a produción poida continuar unha vez se superen as dificultades económicas.